Crean luces intelixentes que melloran a visibilidade cando se conduce con chuvia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Conducir de noite e con chuvia é máis difícil. O pavimento vólvese escorregadizo e a visibilidade redúcese. Os faros dun coche iluminan o camiño, pero tamén as gotas de auga, que devolven un reflexo cegador. Unha tormenta intensa pode facer que non se vexa nada apenas un par de metros máis alá.

Un grupo de investigadores deseñou un sistema de luces que lidia con este problema e promete mellorar a visibilidade cando caen chuzos de punta. Ademais do deseño teórico fabricaron un prototipo e puxérono a proba no laboratorio. De momento só son capaces de mellorar a visibilidade cando a velocidade do coche é baixa. Aínda así é un comezo prometedor.

A súa idea foi construír un sistema que detecta as gotas de chuvia -ou as folerpas de neve- máis grandes, predí a súa traxectoria e interrompe os raios de luz que, doutro modo, se reflectirían nelas. O efecto para o condutor é que as gotas de chuvia 'desaparecen' da súa vista -como non se reflicten, non se ven- e aumenta a visibilidade xeral.

Este sistema require dun sistema de iluminación LED, aínda que a maioría de coches aínda montan unha única lámpada para as súas luces 'de cruzamento'. Unha matriz de lámpadas LED permite acender e apagar partes desta moi rápido e a conveniencia, e polo tanto levar a cabo o que propón o algoritmo 'antichuvia'. Segundo os científicos responsables do traballo, o seu primeiro prototipo é algo basto e lento, polo que esperan mellores resultados nos próximos tres ou catro anos. De momento son capaces de evitar un 70% dos reflexos indesexados a uns 40 quilómetros por hora. A eficacia redúcese a menos de o 50% a 100 km/h.

Os propios investigadores, de Carnegie Mellon, recoñecen que aínda están moi lonxe de ofrecer este sistema de xeito comercial. Ademais de tres ou catro anos para facelo máis pequeno e eficiente, despois terían que pasar polo menos outros tantos para chegar ao gran público.

(Fonte: El País)