Crean un innovador material para que os avións se reparen por si sós

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un avión comercial sofre un contratempo en pleno voo; problemas na fuselaxe ou mesmo nas ás. Automaticamente, o avión inicia o seu sistema de autorreparación estando no aire.

Isto que evidentemente é actualmente imposible de realizar podería selo nun futuro próximo (de aquí a uns 5-10 anos) grazas a un novo material deseñado por un equipo de científicos da Universidade de Bristol (Reino Unido) o fito da cal é precisamente ese: o material provoca que "as aeronaves se curen/arranxen a si mesmas" coma se dunha cicatriz no corpo dun ser humano se tratase.

O material en cuestión está formado por pequenas microesferas que conteñen un líquido para "cicatrizar" as estruturas do avión. As microesferas intercálanse na estrutura da fuselaxe do avión ou nas súas ás e actívanse tras un impacto -como cando unha ave choca contra un avión- creando unha especie de cobertura grazas á liberación do líquido que acaba solidificándose moi rapidamente.

As microfracturas que pode ocasionar o impacto dun paxaro poden parecer aparentemente inocuas pero "poden ocasionar fallos catastróficos nun voo", explica Duncan Wass, coautor do estudo. "Estamos a falar de fisuras menores, non dun burato dun metro de diámetro".

"Nos ensaios, literalmente rompemos as ás, permitímoslles que se reparen, rompémolas novamente... E estamos alcanzando 100% de recuperación do material en moitos casos", aclara Wass.

O problema deste material reside, polo momento, en que se ve afectado polas temperaturas. Así, con calor, o sistema pode reparar o danado en apenas dúas horas. Con temperaturas frías o proceso retárdase.

"Esta tecnoloxía permitirá estender os prazos entre reparación e reparación, cambiar os procesos de mantemento das aeronaves e utilizar menos materiais sen resignar en absoluto en cuestión de seguridade", finaliza Wass.

No futuro, esta tecnoloxía tamén podería aplicarse aos cascos de bicicleta, as pantallas dos móbiles ou as raquetas de tenis, entre outras cousas.

(Fonte: EP)