O coworking do CIS Madeira busca proxectos de emprendedores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O coworking de Ourense mantén aberta a convocatoria para incorporar proxectos empresariais. Trátase dunha iniciativa con sede no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, que aposta pola promoción de novos proxectos empresariais innovadores.

Búscanse prioritariamente aqueles que teñan que ver co sector da madeira, aínda que non se exclúen outras actividades. Na última edición, impulsada conxuntamente pola Xunta e a Escola de Organización Industrial, dependente do Estado, serviu para apoiar 18 iniciativas empresariais.

A finalidade desta acción é facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o conxunto do territorio galego, incrementando as probabilidades de éxito das propostas impulsadas polos emprendedores.

Poden participar persoas con ideas empresariais sen desenvolver, emprendedores con proxectos empresariais en fase temperá de desenvolvemento e emprendedores que creasen a súa empresa en datas recentes e necesiten asesoramento para a fase inicial de consolidación e crecemento.

(Fonte: La Voz de Galicia)