Councilbox, administración dixital e presencial garantindo a seguridade xurídica (Galicia Avanza)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Councilbox é unha empresa de tecnoloxía legal que desenvolveu unha plataforma na nube que é unha terceira canle de relación entre a cidadanía e a administración: até agora podíase elixir entre a presencialidade (cos consecuentes desprazamentos e desigualdades territoriais) e os trámites a través da sede electrónica (que require ter coñecementos sobre o trámite e as competencias dixitais necesarias). Councilbox baséase no concepto de presenza dixital: facer un trámite presencialmente, pero a distancia.

A súa é unha plataforma que incorpora diversas pezas, incluíndo a videoconferencia segura. O cidadán pide a cita e un funcionario aténdelle de forma telemática, que vai facendo o trámite co interesado. Xérase a trazabilidade e a protección necesaria. É dicir, hai seguridade xurídica no acto. «Coa pandemia, a administración entendeu que isto non era só teletraballo, senón achegarse ao cidadán», explica Víctor López, director de produto desta empresa.

A plataforma é útil tamén para as empresas de alta regulación, como a banca privada ou a enerxética, por exemplo. Agora que está testado no Ministerio de Xustiza e están a pilotar a Seguridade Social, chegou o momento de dar o salto a nivel global, que é o que ten sentido: que calquera cidadán poida facer calquera trámite.

Nese proceso, Councilbox recorreu a Galicia Avanza, tanto polos recursos financeiros como polo acompañamento, que supón poder tomar decisións ben informado e cun correcto diagnóstico para elixir os mercados de Europa, Latinoamérica e Oriente Medio.

Fonte: La Voz de Galicia