Coren e Terras Gauda maridan I+D e tradición no seu lacón con grelos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Maridar as distintas carnes ou os ovos que produce Coren cos viños de Terras Gauda xa era posible antes, pero dende agora estes dous líderes da produción agraria galega, líderes cada un na súa actividade, dan un paso máis alá facendo converxer a gastronomía máis tradicional galega coa I+D+i no desenvolvemento de novos produtos alimenticios: do seu respectivo bo facer nace o lacón con grelos Coren- A Rosaleira, que se elabora con materias primas autóctonas da máxima calidade, sen glute e sen lactosa.

A cooperativa líder no sector agroalimentario cárnico de España e o grupo bodegueiro, propietario da conserveira vexetal máis antiga de Galicia, puxeron nesta oferta toda a súa experiencia en innovación e desenvolvemento, ademais "da excelencia que caracteriza a súa traxectoria neste produto concibido para o día a día", que preserva as súas propiedades nutricionais e está listo para consumir.

Presentárono no Pazo de Mos, en Pontevedra, Manuel Gómez Franqueira, presidente de Coren, e José María Fonseca Moretón, presidente do Grupo Terras Gauda. Fixérono acompañados polo responsable de Conservas da cooperativa ourensá, Fernando Córdoba, e o responsable de A Rosaleira, Luis de Lorenzo.

Explican os seus artífices nun comunicado que o lacón con grelos Coren-A Rosaleira "remite á mellor tradición gastronómica de Galicia" e elabórase con lacón oreado e chourizos, ademais de grelos e patacas. Concíbese como alimento para o día a día, rápido e nutritivo, listo para consumir.

O lacón e o chourizo de Coren proceden exclusivamente de porcos Selecta criados de modo tradicional en Galicia e alimentados con castañas galegas, que ten como resultado unha carne veada e de excelente sabor. Con esta gama a cooperativa persegue recuperar "o mellor da tradición autóctona", plasmada na crianza ancestral dos porcos.

Coren é a cooperativa líder no sector agroalimentario cárnico de España e unha das máis importantes a nivel mundial. Creada hai 55 anos o seu compromiso é producir alimentos frescos, 100% galegos e de máxima calidade, con benestar animal, medio, trazabilidade e innovación por bandeira.

A Rosaleira, incorporada ao Grupo Terras Gauda en 2007 utiliza as mellores follas de verdura froito de semente propia amparada polas IXP Grelos de Galicia e Pataca de Galicia da variedade Kennebec cultivada na Limia.

(Fonte: El Correo Gallego)