Coren relanza a primeira planta de biogás do sector en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A cooperativa agroalimentaria Coren retomou, tras a ralentización provocada polo confinamento do Covid, a posta a punto da súa nova planta de xeración de biogás instalada no Centro de Procesado Avícola (CPA) de Santa Cruz de Arrabaldo. Trátase dun proxecto de xeración de enerxía limpa para o que contou co apoio da Xunta, único na industria cárnica española e dos primeiros de Europa, destacan desde a entidade.

A instalación permite aproveitar e valorizar os residuos orgánicos para xerar biogás como fonte principal de enerxía térmica. Deste xeito, a planta evitará a emisión de 5.500 toneladas de CO2 ao ano, o que equivale, afirman, a 960 hectáreas de arboledo. O investimento alcanza os 3,6 millóns de euros, dos que a Xunta, a través do Inega, achegou un 30% no marco do plan de impulso da I+D no ámbito enerxético. Con esta instalación de biogás, Coren prevé que en 2021 o 80% das necesidades de consumo térmico deste centro de procesado estarán cubertas por enerxías renovables.

A instalación, explican desde a cooperativa presidida por Eulogio Gómez-Franqueira, permite aproveitar e valorizar os residuos orgánicos do CPA mediante un proceso de dixestión anaeróbica, que consiste nunha fermentación levada a cabo por bacterias anaeróbicas en ausencia de osíxeno. A través deste procedemento, o 85% da carga orgánica do residuo (DQO) transfórmase en biogás (alcanzando unha produción de 9.000 m3/día) cunha riqueza dun 70% de biometano, mediante un sistema de control dixital que garante a máxima eficiencia. Mentres, o 15% de materia restante pasa por un proceso de compostaxe para transformarse nun fertilizante orgánico rico en nutrientes como nitróxeno e fósforo, perfectamente apto para o seu uso en agricultura.

Con esta planta, evítase o uso de combustibles fósiles e, en consecuencia, lógrase tamén a redución da pegada de carbono. De feito, a instalación evita a emisión de case 5.500 toneladas de CO2 á atmosfera ao ano.

Fonte: Faro de Vigo