Convócase a edición 2019 do Premio da Unión Europea ás Mulleres Innovadoras

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Xa está aberta a convocatoria ao Premio para Mulleres Innovadoras 2019, que recoñece os logros profesionais e a achega creativa das emprendedoras europeas. Trátase dun premio en efectivo que se outorga cada ano ás mulleres europeas que fundaron unha empresa exitosa e levaron unha innovación ao mercado.

O premio outorgarase a un máximo de catro mulleres innovadoras en total, que tiveran o maior impacto no ecosistema de innovación ao transformar ideas en produtos e servizos novos e avanzados para o beneficio dos cidadáns europeos.

A pasada edición, o segundo premio da convocatoria de 2018 levouno a española Alicia Asín, cofundadora e CEO da empresa dedicada ao Internet das Cousas Libelium. Ademais, a investigadora biomédica e emprendedora galega África González quedou de finalista.

O prazo está aberto ata o 16 de xaneiro. Concédense tres premios de 100.000 euros cada un e un galardón a unha emprendedora emerxente (menos de 35 anos), por valor de 50.000 euros.

Información da convocatoria.

(Fonte: SINC)