Convocan axudas para fomentar o uso da madeira en construción e envases

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O sector forestal aspira a converterse nun dos motores da bioeconomía como aliado indiscutible do Green Deal que promove Bruxelas. Este Pacto Verde ten por obxectivo reducir as emisións de CO2 implicando aos diferentes sectores da economía.

Iso representa unha oportunidade para a madeira como material substituto doutros como o formigón na construción ou para substituír ao plástico en embalaxes ou paquetes de distintos produtos. Pero iso é só un exemplo. Para fomentar o uso deste material orgánico a Axencia Galega de Industria Forestal, dependente da Consellería de Economía, convocou unhas axudas dirixidas ao desenvolvemento de produtos ou obras en madeira. O prazo para pedir estas subvencións, que serán concedidas por orde de entrada ata esgotar o orzamento, expira o 30 de setembro. O seu montante total é de 1,7 millóns de euros en dúas anualidades.

Entre outras cousas serán obxecto de axuda a redacción de proxectos de execución de construción nova ou a rehabilitación e reforma de naves ou negocios que empreguen a madeira na súa estrutura. Tamén o desenvolvemento de envases ou embalaxes dese material ou a construción e rehabilitación de vivendas.

Fonte: La Voz de Galicia