Convocados os 5º Premios Emprenden Gaiás-Sixto Seco para proxectos innovadores da industria cultural

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta de novo coa colaboración do Igape e patrocinio de Afundación.
 
A convocatoria permanecerá aberta ata o 5 de outubro. Con ela, a Cidade da Cultura busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais articuladas en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño, creación artística e plástica e na área da xestión cultural.
 
O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento do Gaiás onde se contará cun asesoramento personalizado para dispoñer de titorización durante todo o desenvolvemento do proxecto, e un premio en metálico de 2000 euros para cada proxecto para contribuír ao financiamento da nova empresa, grazas á colaboración do Igape e ao patrocinio de Afundación.
 
O obxectivo destes premios é impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais en internet e calquera outra persoa con vinculación no emprendemento cultural.
 
Criterios de avaliación
 
Esta quinta convocatoria está destinada a titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, titulados e diplomados de escolas de arte, licenciados e diplomados universitarios en humanidades e/ou calquera outra rama artística e calquera outra persoa licenciada ou diplomada con vinculación no emprendemento cultural e que desexen desenvolver a súa actividade na Cidade da Cultura.
 
Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativo da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Tanto as bases do concurso como a solicitude de inscrición están dispoñibles aquí.
 
(Fonte: Cidade da Cultura)