Convocadas as axudas estatais INNFLUYE para a creación e consolidación de plataformas tecnolóxicas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O sábado 21 de maio publicábase no BOE a convocatoria INNFLUYE 2011, un programa para o apoio á creación, consolidación e desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas, que adxudicará 5,5 millóns de euros en subvención para o financiamento das iniciativas presentadas, con actuacións no período 2011-1013, en diferentes sectores económicos e tecnolóxicos.
 
As plataformas tecnolóxicas que se cren nesta convocatoria integraranse coas 52 financiadas en exercicios anteriores e que constitúen a Rede Nacional de Plataformas Tecnolóxicas. Estas cobren diversos sectores económicos como Enerxía, Transporte, Turismo, Construción, Agricultura, Pesca, Alimentación, Medio ambiente, Saúde, Biotecnoloxía, Seguridade e Telecomunicacións, entre outros.
 
As plataformas tecnolóxicas son estruturas público-privadas de traballo en equipo que permiten un fluído intercambio de información co obxectivo de fomentar a colaboración entre os interesados nun sector ou campo tecnolóxico. Teñen unha grande importancia estratéxica pola súa achega aos obxectivos de emprego, competitividade e crecemento baseado no coñecemento. Tamén teñen relevancia para impulsar a asociación entre os axentes públicos e privados dun sector, ao obxecto de identificar e priorizar as necesidades tecnolóxicas, de investigación e de innovación nese sector a medio ou longo prazo.
 
Para o desenvolvemento e implementación da Estratexia Estatal de Innovación (e2i), marco de actuación en materia de innovación, as plataformas tecnolóxicas son un instrumento imprescindible para o desenvolvemento do eixe de mercados, pois orientan as actuacións dos seus integrantes cara ao desenvolvemento de mercados innovadores, fortemente marcados pola demanda e moi especialmente cara ao impulso da compra pública innovadora. Así mesmo son excelentes instrumentos de articulación e coordinación do sistema que poden contribuír ao cumprimento dos seus obxectivos xerais de aumento de investimento privado en I+D, xeración de emprego de media e alta tecnoloxía e creación de empresas.
 
(Fonte: Emprendia)