Convocadas as axudas do subprograma Competitividade I+D do Plan Nacional de I+D+I

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo puxo en marcha as axudas correspondentes ao subprograma Competitividade I+D do Plan Nacional de I+D+I. O prazo de solicitude finaliza o 5 de xullo de 2012.

Considéranse prioritarios os proxectos dirixidos a impulsar as seguintes liñas de actuación da Axenda Dixital Europea: competitividade da PEME, smart cities e administración electrónica, contidos e servizos interoperables e sen fronteiras e servizos nun ámbito de mobilidade.

Os beneficiarios que poderán optar a esta convocatoria son empresas: agrupacións ou asociacións empresariais (unión temporal de empresas; asociacións empresariais sectoriais sen ánimo de lucro; agrupacións empresariais innovadoras); organismos de investigación (organismos públicos de I+D, Universidades; outros centros públicos de I+D; centros privados de I+D sen ánimo de lucro; centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica); e outras entidades de dereito público.

O presuposto total para o ano 2012 é de 533.537.000 euros (48.015.000 euros en subvencións e 485.522.000,00 euros en empréstitos). A porcentaxe máxima de axuda será do 70% para proxectos de I+D (investigación industrial) destinado a pequenas empresas; este límite variará en función do tipo de proxecto e beneficiario.

Os empréstitos terán as seguintes características: prazo máximo de amortización de sete anos, incluído tres de carencia; o importe poderá complementar a subvención ata o 100% do custo financiable do proxecto; e o tipo de interese aplicable será do 3,95%.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, terán como último día de prazo o próximo 5 de xullo de 2012, segundo o publicado no Boletín Oficial do Estado do 7 de xuño de 2012.

(Fonte: Boletín Oficial del Estado)