Convocadas as axudas do Programa INNTERCONECTA-Galicia para a cooperación estable público-privada en I+D

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), aprobou a convocatoria de 2012 para a Comunidade Autónoma de Galicia das subvencións destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía.
 
O Programa FEDER-INNTERCONECTA-Galicia ten como obxectivo o financiamento de grandes proxectos integrados de desenvolvemento experimental, de carácter estratéxico, gran dimensión e que teñan como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, supoñendo ao mesmo tempo un avance tecnolóxico e industrial relevante para Galicia. De igual forma poderán financiarse proxectos que poidan incluírse na categoría de investigación industrial.
 
Serán beneficiarios das axudas as agrupacións de empresas e agrupacións de interese económico que ademais conten coa participación relevante de, polo menos, un organismo de investigación. Os proxectos subvencionables deberán ter un presuposto mínimo de 1.500.000 euros. A duración dos proxectos será de tres anos naturais.
 
O presuposto total para esta convocatoria é de 10 millóns de euros en concepto de subvencións. A contía máxima será do 25% dos custos subvencionables para os proxectos de desenvolvemento experimental e do 50% dos custos subvencionables para os proxectos de investigación industrial. A contía máxima, coas intensidades incrementadas, variarán en función do beneficiario e o tipo de proxecto entre o 40% e o 80%.
 
A presentación de solicitudes, xunto coa documentación requirida, terá como último día de prazo o próximo 14 de decembro de 2011, segundo o publicado no Boletín Oficial do Estado do 3 de novembro de 2011. Texto da convocatoria.
 
(Fonte: BOE)