Convocadas as axudas á creación de solucións de computación na nube para pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Ministerio de Industria publicou a convocatoria de axudas do programa de fomento da oferta de solucións de computación na nube para pemes a través da entidade pública empresarial Red.es.

Estas axudas están destinadas a empresas pertencentes ao sector TIC, para o apoio á migración ou desenvolvemento de novas solucións software para pemes en modo Software as a Service (SaaS).

As pemes españolas candidatas a estas axudas deberán iniciar a súa actividade económica en data anterior ao 28/08/2015 e corresponder a algún dos códigos CNAE indicados na convocatoria.

O solicitante deberá indicar na solicitude o presuposto subvencionable que asume, debendo ser unha porcentaxe sen decimais comprendida entre o 20% e o 50%. Red.es subvencionará a procentaxe restante, cantidade que será non inferior a 25.000 €, nin superior a 60.000 € por solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 11 de xaneiro de 2016 e permanecerá aberto ata o día 25 de xaneiro. A solicitude farase a través da sede electrónica de Red.es.

Máis información aquí.

(Fonte: Tecnópole e BOE)