Convocadas as axudas a contratos para a formación de investigadores en empresas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Ministerio de Economía e Competitividade abriu até o 3 de marzo o prazo de solicitude de axudas á contratación de doutores en formación en empresas. Mediante esta liña de actuación, cofináncianse os contratos laborais do persoal investigador en formación que participen nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental dentro da empresa solicitante. O contrato subvencionado poderá prolongarse até 4 anos e o investigador ten que enmarcar o traballo na súa tese doutoral.

O proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental pódese executar na súa totalidade na empresa ou en colaboración entre a empresa e outra entidade, pública ou privada.

As axudas comprenderán tres conceptos: cofinanciamento dos contratos (custo de contratación máximo financiable anual por axuda de 21.800 €), apoio na realización de estancias en entidades de I+D (2.400 € por investigador) e cofinanciamento dos gastos de matrícula nos ensinos de doutoramento (1.500 € por investigador).
 
As entidades interesadas en contratar investigadores para levar a cabo actividades de I+D beneficiándose destas axudas poden realizar a procura de perfís adecuados na aplicación Sistema Ponte.

Máis información.

(Fonte: Departamento de proxectos de Tecnópole)