O conselleiro de Economía, Emprego e Industria compartirá o próximo café tecnolóxico con empresarios

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A cita de xullo cos almorzos tecnolóxicos permitirá aos empresarios de Tecnópole e o seu contorno compartir café e perspectivas de futuro co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O próximo día 12 terá lugar esta cita, á que están invitadas as empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas.
 
O almorzo organizado por Tecnópole, que terá lugar na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole a partir das 10 da mañá, xa está aberto á inscrición. O tema central serán as oportunidades abertas en Galicia para ganar competitividade no mercado global a través da innovación.
 
Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase no obxectivo de Tecnópole de contribuír a promocionar activamente a competitividade das súas empresas e centros tecnolóxicos. Nesta ocasión, ofréceselles un formato de participación reducida como ventá de difusión das súas tecnoloxías e apertura de oportunidades de colaboración a través do intercambio de coñecemento ou ben de contactos comerciais para o inicio de proxectos conxuntos ou para a compravenda de tecnoloxía e dos servizos que se prestan mediante esa tecnoloxía.

(Fonte: Tecnópole)