Conexiona converte o Centro Médico El Carmen de Ourense no primeiro hospital inmótico de Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Conexiona, con sede en Tecnópole, presentou no Centro Médico El Carmen a instalación do seu sistema intelixente iPlace, que o converte no primeiro hospital inmótico de Galicia.
 
As obras de instalación comezaron o pasado mes de maio e acaban de culminar. "iPlace é un produto vital para os hospitais, xa que monitoriza, controla e xestiona distintos sistemas para mellorar a seguridade e confort dos pacientes, ao tempo que optimiza os procesos para facer do centro un hospital eficiente," explicou José Antonio Losas, director de Tecnoloxía de Conexiona.
 
"O futuro está na inmótica e é o camiño que se vai tomar no sector. O iPlace é unha solución de industria 4.0 versátil que pode facer intelixente dende un piso a unha cidade, dende unha explotación agrícola a unha fábrica, mesmo dende unha casa a un edificio", avanzou Carlos Sande, director de Innovación e Proxectos.
 
O sistema manéxase comodamente mediante unha app dende un ordenador, móbil ou tablet. En calquera momento e lugar, o persoal do hospital encargado da supervisión pode controlar e corrixir, se fose necesario, o funcionamento dos aparatos. Desta forma, o centro convértese no primeiro hospital intelixente de Galicia.
 
Dúas grandes vantaxes
 
Segundo Conexiona, as vantaxes que a inmótica achega ao hospital e aos seus usuarios son fundamentalmente dúas. A primeira é a maior seguridade do paciente, grazas á implementación desta tecnoloxía en todos os equipos relacionados directa ou indirectamente con el: bancos de sangue e plasma, neveiras e conxeladores de laboratorio e cociñas, temperatura e presión dos quirófanos, etc.
 
A segunda é a maior eficiencia, control e optimización no hospital, xa que o sistema monitoriza as temperaturas, as luces e os accesos de cada unha das zonas do hospital.
 
(Fonte: Conexiona)