Conexión Málaga-Londres: a primeira videochamada internacional con 5G

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Telefónica e Huawei, dúas compañías realmente interesadas en levar adiante a tecnoloxía 5G, lograron realizar a primeira videochamada internacional, en rede real, utilizando esta innovación e conectando dúas cidades tan dispares entre si como Londres e Málaga.

Esta videochamada internacional foi posible grazas a dous nodos 5G situados tanto na capital británica como na cidade andaluza; dun lado, Londres, e do outro, Málaga; os escenarios: ExCel Center no caso do primeiro e central de Telefónica de Guadalhorce, que é o primeiro dos nodos activados na rexión, no caso da segunda. O obxectivo en ambos os dous foi o mesmo: conseguir levar a cabo esa transmisión sen interferencias. Ademais, a videochamada, dende os nodos ata os seus respectivos núcleos de rede, optimizouse para obter as velocidades requiridas polo estándar 5G de ata 10 gigabytes por segundo, máis de 10 veces se o comparamos coa conectividade actual requirida polo 4G –basicamente, un por segundo–.

Por outro lado, a colaboración da compañía chinesa Huawei foi a de proporcionar os equipos de rede cunha "estación base 5G con antenas equipadas con tecnoloxía Massive-MIMO 64 T 64 R, un 5G NSA Core con infraestrutura virtualizada, o router sen fíos ou equipo terminal de usuario (CPE- Customer Premises Equipment) para proporcionar as altas velocidades requiridas polo 5G, e dispositivos Huawei Mate20 cos que se realizou a videochamada", declarou o director da conta de Telefónica España en Huawei, Jose Carlos Fernández.

Así mesmo, o director da conta de Huawei afirmou que "a videochamada internacional presentada por Telefónica realizouse sobre equipos comerciais 5G baseados nos estándares 3GPP. Dende Huawei estamos encantados de colaborar con Telefónica en Málaga no marco do programa Cidades Tecnolóxicas 5G e, por extensión, de contribuír á transformación da economía dixital en España".

As Cidades Tecnolóxicas 5G de Telefónica

Por último, cabe destacar que, con este fito, Málaga se incorporou ao proxecto Cidades Tecnolóxicas 5G de Telefónica, unha iniciativa que, segundo eles, naceu co obxectivo de converter Segovia e Talavera de la Reina en escenarios reais do 5G, tanto con casos de uso como co despregamento tecnolóxico. Tal e como sinalou Mercedes Fernández, xerente de Innovación de Telefónica España, "con este fito Málaga convértese na terceira Cidade Tecnolóxica 5G de Telefónica e no escenario dunha experiencia pioneira no camiño cara á implantación do 5G para os usuarios".

(Fonte: Innovaspain)