Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un microcoche do tamaño dun gran de area

Investigadores da Universidade Tecnolóxica de Viena desenvolveron un método de impresión en 3D co que poden crear esculturas tan pequenas como un gran de area nunha fracción do tempo que se requiría previamente, o que supón unha marca mundial de velocidade en nanotecnoloxía.

Investigadores do CNIO participan no estudo de medicina personalizada máis completo xamais realizado

Co abaratamento das técnicas para ler e analizar o xenoma, cada vez máis persoas encargan a secuenciación do seu. Aínda falta para que a información que contén sexa descifrada por completo, pero coñécense xa numerosas variantes xenéticas asociadas ao risco de padecer tal ou cal enfermidade. E na clínica, o diagnóstico e o tratamento de varios tipos de cancro faise en función do perfil xenético de cada paciente.

E.ON premia un grupo de investigadores do Instituto IMDEA Enerxía, polas súas solucións para o 'fogar intelixente'

Por cuarto ano consecutivo, o grupo enerxético E.ON organizou unha nova edición dos Premios de Investigación E.ON. Os gañadores deste ano son tres equipos de investigación procedentes de España, Italia, Reino Unido e Alemaña, que enviaron os seus proxectos baseados no tema central deste ano: o Fogar Intelixente. A compañía financiará estes proxectos con ao redor dun millón de euros en total.

Crean unha parede e unha lanterna máxica para ver en 3D o interior do corpo humano e con aplicacións á industria

Investigadores do BarcelonaTech da Universidade Politécnica de Cataluña deseñaron unha parede virtual de alta resolución que permite ver e manipular obxectos en 3D e que está equipada cunha 'lanterna máxica' que posibilita 'penetrar' e explorar o corpo humano proxectado dende a pel ata os ósos.

Unha aplicación facilita o uso de móbiles a persoas maiores ou con problemas de visión

As persoas con problemas de visión poden descargarse xa nos seus dispositivos móbiles de pantalla táctil a aplicación Loowi desenvolvida para facilitar o uso do terminal grazas a un deseño de sinxelas iconas de gran tamaño e contraste, ademais dun sistema de vibración e voz que guía o usuario. A aplicación foi desenvolvida por enxeñeiros da Universitat Jaume I, en colaboración coa empresa Raylight e o Instituto Tecnolóxico de Óptica, Cor e Imaxe.

Un cerebro-computadora axudará aos parapléxicos

A interface cerebro computadora é algo así como un cerebro de chips que axuda ao cerebro humano, danado por calquera razón. Unha tecnoloxía que se basea na adquisición de ondas cerebrais para logo ser procesadas e interpretada por unha máquina ou ordenador. Diversas universidades traballan nesta combinación de tecnoloxía e técnica. No campus de Wurzburgo (Alemaña) presentaron un destes dispositivos, que pode axudar a activar os músculos de parapléxicos.

Pisadas luminosas e xeradoras de enerxía 40 veces máis eficiente que solar

Unha tecnoloxía a partir dunhas novidosas baldosas deseñadas con materiais reciclables, presentada en Madrid, converte a enerxía cinética das pisadas en enerxía renovable, cunha eficiencia corenta veces superior á solar.

Crean un novo material case insomerxible

Un material novo e asombroso foi presentado durante o encontro anual da Asociación Americana de Química, unha importante sociedade científica que se reúne en San Diego (California). Trátase dunha das substancias sólidas máis lixeiras do mundo, pero tan resistente e forte que se se empregasen menos de 500 gramos para construír un barco sería capaz de soportar 453 quilos -o que pesan cinco frigoríficos- sen afundirse.

A 'nube persoal' substituirá o ordenador tradicional en 2014

O reinado do ordenador persoal, como o dispositivo de acceso social exclusivo, está a chegar a súa fin. Para o ano 2014, a nube substituirá o ordenador persoal no centro da vida dos usuarios dixitais, de acordo á investigación da consultora Gartner.

Tecnópole oferta xa o seu novo servizo de laboratorio de biotecnoloxía a empresas e centros de toda España

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole presentou este mércores a preto dun cento de empresarios e investigadores galegos do sector da biotecnoloxía o seu novo laboratorio especializado, aberto ao uso de empresas e centros de toda España baixo unhas condicións de uso sen precedentes, segundo se conclúe da análise realizada sobre instalacións destas características de todo o Estado.

Dúas empresas de Tecnópole figuran no libro de 20 casos de éxito en innovación editado pola Xunta

Conexiona Telecom e Formato Verde son dúas das vinte empresas galegas destacadas como casos de éxito en innovación no libro editado pola Xunta de Galicia e presentado no marco dunha xornada celebrada na Coruña.

Un total de 450 estudantes participan na primeira xornada do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas'!

Un total de 450 estudantes participaron nas tres sesións celebradas en Tecnópole como inicio da xira do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas!', actividade programada para todo o mes de marzo tras o éxito obtido por 'Ciencia ou ficción '? durante o mes de febreiro. Este espectáculo, promovido pola Consellería de Economía e Industria e organizado por Tecnópole e Fundación Barrié, chegará ao longo das próximas semanas a máis de 2000 rapaces e rapazas en Santiago, Ferrol Vigo, despois de pasar por Ourense e Lugo.

Páxinas