A Comisión Europea estuda fórmulas para investir en I+D e asegurar o abastecemento de alimentos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Comisión Europea acaba de abrir un proceso de reflexión para identificar as prioridades de investimento en materia de investigación para asegurar o abastecemento de alimentos "sans, nutritivos, seguros e sustentables" para a crecente poboación mundial nos próximos anos.

O comisario responsable de Investigación, Tibor Navracsics, subliñou nunha rolda de prensa que é "esencial" dar un "novo impulso" aos esforzos para garantir a seguridade alimenticia a longo prazo, polo que a Unión Europea debe explorar os campos relacionados nos que pode achegar "valor engadido".

Entre as áreas clave que a UE ve oportunidade de mellora destaca como apostar pola nutrición como medio para unha mellor saúde pública, cambios para reducir o desperdicio e perdas de alimentos no mercado europeo, incrementar a seguridade e a calidade dos alimentos e asegurar un maior rendemento dos produtos.

O Executivo comunitario reuniu estas ideas nun documento de traballo que será o punto de partida dunha consulta pública que abre este mesmo luns e da posición que a UE quere levar á Exposición Universal de Milán que se inaugura en maio e cuxo lema é "Alimentar o planeta, enerxía para a vida".

O director do comité científico da UE na Expo de Milàn, Franz Fischer, advertiu na mesma rolda de prensa de que o documento non pretende impoñer recomendacións específicas senón axudar á reflexión.

Con todo, Fischer destacou a necesidade de apostar pola biotecnoloxía se se quere asegurar unha produción de alimentos suficiente para unha poboación mundial en constante crecemento.

Tamén quixo deixar claro que "biotecnoloxía non é unicamente organismos xeneticamente modificados", un asunto sobre o que os Estados membros teñen posicións contrarias.

(Fonte: Europa Press)