A Comisión Europea crea unha plataforma para impulsar o espírito emprendedor europeo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Comisión Europea (CE) anunciou a creación dunha plataforma empresarial, que contará co talento de fundadores de compañías como o servizo de música en liña Spotify ou o programa de telefonía gratuíta por Internet Skype para impulsar o espírito empresarial na Unión Europea.

A través desta iniciativa, a UE busca poñer ao alcance dos emprendedores europeos un marco apropiado para o intercambio de ideas e de talento que resulte atractivo para aqueles que queiran emprender un novo negocio en calquera territorio da Unión, segundo informou o Executivo comunitario nun comunicado.

A Comisión Europea considera necesario que se anime os emprendedores a utilizar redes de financiamento colectivo, ao tempo que se poñan en marcha plataformas de educación en liña para loitar contra a escaseza de desenvolvedores  web no seo da Unión.

Pola súa banda, o vicepresidente da CE e responsable de telecomunicacións, Neelie Kroes, advertiu de que os europeos deben mostrar maior "confianza" e "creatividade" á hora de emprender un proxecto, e asegurou que o número de graduados en tecnoloxías da información e a comunicación continúa decrecendo. Kroes tamén defendeu a importancia de que se poña en marcha un mercado único dixital no que se cultiven ideas propias. Así mesmo, gabou as traxectorias profesionais destes emprendedores 'estrela' e destacou que "non se dedicaron a falar sobre algo que planeaban facer, senón que o fixeron". En concreto, a iniciativa contará co apoio de empresas como as do fundador da rede social Tuenti, Zaryn Denzel, ou dos creadores do servizo de música online Spotify, Daniel Ek e Lorentzon Martin.

Ademais, estará presente o cofundador do principal servizo de telefonía gratuíta por Internet, Skype, Niklas Zennström; o fundador da compañía finlandesa Rovio Entertainment, que desenvolve o xogo Angry Birds, ou Joanna Shields, a presidenta de Tech City, un 'clúster' tecnolóxico creado en Londres a imaxe do Silicon Valley californiano.

O Club de Líderes Europeos de Emprendedores forma parte da iniciativa Startup Europe, un plan desenvolvido polo Executivo comunitario que conecta coa rede de emprendedores da UE para axudar ás empresas a desenvolverse e crecer tanto a nivel europeo como global.

(Fonte: EFE)