Comezan as convocatorias para que as pemes accedan ao bono dixital

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As bases que regulan a concesión das axudas do Programa Kit Dixital para impulsar a dixitalización de pemes e autónomos en España xa son públicas. A orde que establece o marco para o lanzamento das convocatorias foi publicada no Boletín Oficial do Estado e xa está en vigor.

As axudas que se outorgan ás empresas van en función do número de empregados. Así poderán acceder a axudas de 12.000 euros, no caso de ter entre 10 e 50 empregados; 6000 euros, para aquelas de entre 9 e 3 empregados; e 2000 euros, para as de menos de 3 e ningún empregado.

Tamén sinala as condicións que han de cumprir as empresas para solicitar estas axudas. En particular, ademais de cumprir coa normativa da Lei Xeral de Subvencións, as compañías e autónomos deberán dispor da avaliación de Madurez Dixital, conforme ao test de diagnóstico que pon a disposición a plataforma Acelera peme.

Orzamento

O programa Kit Dixital conta cun orzamento total de 3067 millóns de euros para o período 2021-2023, para facilitar que pemes e autónomos adopten solucións de dixitalización en diversos ámbitos, como a presenza en Internet, o comercio electrónico, a xestión de redes sociais, a dixitalización das relacións cos clientes, o business intelligence e analítica, a implantación da factura electrónica, os servizos e ferramentas de oficina virtual, as comunicacións seguras e a ciberseguridade.

A primeira convocatoria de axudas destinarase a pemes de entre 10 e 49 empregados e contará cun orzamento de 500 millóns de euros. As solucións sobre estas convocatorias serán ofrecidas por entidades adheridas ao programa, que se converterán no que se denominou axentes digitalizadores. Colaborarán, unha vez inscritos na sede electrónica de Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, en tarefas de solicitude e serán os que presenten toda a documentación xustificativa. Os aspirantes disporán de até tres meses para presentar a solicitude desde que se publique a convocatoria.

Fonte: La Voz de Galicia