A empresa asturiana Treelogic lidera o proxecto europeo CogLaboration de I+D+i, no que participan outras catro entidades europeas, de Italia, Reino Unido e España. O proxecto, integrado no 7 Programa Marco da Comisión Europea, conta cun presuposto de 3,3 millóns de euros e ten como obxectivo dotar de maior intelixencia os robots para que sexan capaces de intercambiar obxectos coas persoas.
Os incendios forestais teñen un grande impacto nos ecosistemas terrestres por todo o mundo. A interacción do tempo, a vexetación e o uso do chan provoca este tipo de incendios, o que fai que sexan moi sensibles aos cambios.
O pasado 19 de decembro presentouse na sede da Real Academia de Ciencias de Madrid o estudo da Academia de Ciencias Europeas (Easac) sobre a 'Contribución das centrais termosolares a un futuro enerxético sustentable'. Entre as conclusións máis relevantes do informe destaca o chamamento que fai a Academia á Comisión Europea ao europarlamento e aos Estados membros a incentivar a entrada no mercado desta tecnoloxía no seu camiño cara á paridade de rede así como incentivar a investigación.
A competición DesignSpark de RS Components chipKIT desafía aos enxeñeiros de deseño electrónico, estudantes e afeccionados a crear un deseño enerxeticamente eficiente e respectuoso co medio ambiente.
A empresa española especializada en análise xenética humana Genetadi Biotech desenvolveu un test xenético, denominado 'Neuroarray', que mellora o diagnóstico xenético do atraso mental idiopático, xa que permite identificar a causa da enfermidade do paciente cando todos os métodos diagnósticos anteriores resultaron negativos.
A comunidade de Tecnópole na rede de microblogging Twitter non deixou de crecer desde a súa posta en marcha. Neste momento, son máis de 990 os seguidores de Parque Tecnolóxico de Galicia neste canal e para celebrar a inminente chegada do follower número 1000 enviaráselle un obsequio sorpresa á persoa que coincida con esa cifra.
Sonen Acústica, situada no Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Tecnópole, foi distinguida polo Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense co Premio Novo Empresario 2011.
A Consellería de Economía e Industria concederá especial atención aos proxectos empresariais que incorporen innovación para mellorar a competitividade, segundo quedou de manifesto na xornada técnica sobre incentivos e axudas á innovación das pemes organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o pasado luns en Tecnópole.
O centro tecnolóxico galego AIMEN lidera un proxecto de investigación financiado pola Unión Europea denominado 'Orbital' (Design, development and evaluation of an orbital laser welding head), cuxo fin é o desenvolvemento dun cabezal innovador de movemento circular, destinado á soldadura por láser en aplicacións industriais.
Vigo será a cidade que acollerá unha Factoría de Innovación en Galicia. O Consorcio Zona Franca e a Escola de Organización Industrial, xunto á Universidade de Vigo, son os organismos encargados da súa creación. Tratarase dunha institución destinada a fomentar nas pemes as solucións baseadas na I+D+i, conectando o labor investigador co empresarial, a través de propostas de produtos e procesos innovadores que melloren a competitividade das empresas.
O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) prepara un cumio de investidores en Galicia para incentivar a aposta polas iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía.
O Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, xunto con pedagogos do centro de educación especial Manuel López Navalón de Santiago, están a levar a cabo un proxecto de I+D+i para crear aplicacións para persoas que sofren algunha discapacidade, destinadas a facilitar as súas capacidades comunicativas a través do uso da telefonía móbil.