Os coches autónomos poderían evitar o 57% dos sinistros

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O sector asegurador español prevé que este tipo de vehículos, e os novos Sistemas de Asistencia á Condución (ADAS) que incorporan, reducirán significativamente os accidentes grazas á condución máis eficiente que proporcionarán.

Aínda que o coche autónomo aínda non se popularizou, cada vez existen máis prototipos e modelos experimentais que, malia as vantaxes que ofrecerán aos consumidores, suporán un reto para as aseguradoras, que deberán deseñar novos produtos e solucións.

Neste sentido, o sector ve clave asegurar os dispositivos tecnolóxicos que incorporará este novo medio de transporte e avogan por reforzar a ciberseguridade.

Aínda que as aseguradoras non contemplan a curto prazo o inicio das vendas xeneralizadas de coches autónomos, e consideran que convivirá durante bastante tempo co vehículo tradicional, empezan a prepararse para cando sexa unha realidade.

A semana pasada, durante o Mobile World Congress celebrado en Barcelona, varias compañías de automoción mostraron ao público os seus avances e prototipos en torno ao vehículo autónomo e ao coche conectado, baseado no 5 G.

A compañía Seat anunciou a incorporación nos seus automóbiles do asistente de voz de Amazon, Alexa, ademais do servizo de recoñecemento de cancións, Shazam.

O vehículo que exhibiu Seat mostraba novas aplicacións que melloran a experiencia de entretemento e que entre outras opcións, permitirá recibir a previsión meteorolóxica, encargar a compra ou apagar as luces de casa dende o coche.

Ademais, a compañía desvelou o seu prototipo Cristóbal, que incorpora aplicacións de seguridade como o recoñecemento facial, que axudará a saber se o condutor está demasiado canso para continuar na estrada, ou se a súa taxa de alcohol non lle permite conducir.

Pola súa banda, BMW tamén mostrou a solución desenvolvida pola compañía G+D Mobile Secutiry, en colaboración con Intel, Deutsche Telekom e AT&T, que permite aos usuarios utilizar o coche como un dispositivo móbil.

O fabricante de dispositivos móbiles Huawei ensinou como conducir un coche cun "smartphone", e transformou un Porsche Panamera nun vehículo sen condutor que detecta e entende os estímulos que recibe ao seu arredor, distinguindo entre 1000 obxectos diferentes, e que ten capacidade para aprender e decidir así a mellor acción para cada circunstancia.

Todos estes avances tecnolóxicos repercutirán no curto prazo no sector asegurador, que é consciente de que a partir de agora, aínda que ten a posibilidade de crear novos seguros enfocados ao progreso, estes deberán ser máis personalizados, acordes coas necesidades dos clientes, e deberán cubrir as innovacións dixitais.

Como exemplo, a industria do seguro terá que adecuar a rede de talleres ás demandas de vehículos máis tecnolóxicos, contemplar a reparación remota, ou aproveitar a telemática nos sinistros.

Con todos os avances tecnolóxicos, o sector asegurador, que prevé que en 2020 o 75% dos vehículos fabricados teña xa conexión a internet, espera unha caída da sinistralidade, o que pode favorecer unha baixada nos prezos das pólizas.

(Fonte: Expansión)