O coche autónomo e o eléctrico tamén se investigan en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

No Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia -CTAG- téñeno claro. A tecnoloxía avanza rápido e as empresas demandan ferramentas de última xeración, polo que o investimento en medios e instalacións e o esforzo por ter equipos de profesionais altamente cualificados é imprescindible para estar á vangarda.

«CTAG contou desde o seu inicio con apoio para realizar investimentos singulares, tanto de medios útiles para o tecido industrial local como de instalacións que impulsen a xeración de liñas de investigación relevantes en Galicia», explican desde este centro tecnolóxico galego, un dos beneficiados da última rolda de axudas da Xunta.

Esta entidade naceu no 2002 coa vocación de atraer e reter o talento investigador. Dedicada ao desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica para a automoción e a mobilidade, CTAG apoia ás empresas do sector -tanto ás grandes como ás pemes- na súa modernización e adaptación ás novas tecnoloxías.

«Levamos a cabo numerosos proxectos de investigación relacionados co vehículo autónomo e conectado, novos materiais, confort, industria 4.0 e o vehículo eléctrico. O obxectivo é ofrecer solucións ás novos paradigmas ao redor da dixitalización, a transición ecolóxica e a mobilidade do futuro», relatan. Con todas estas vimbias, CTAG traballa en proxectos que poden cambiar á sociedade galega. «Realizamos probas pioneiras de condución autónoma, e participamos en iniciativas como EIT Urban Mobilitu, na que se están a definir as cidades do futuro. Tamén temos exemplos de achegas ao ámbito industrial, como os nosos exoesqueletos, que axudarán a mellorar a saúde das persoas en determinados traballos».

Fonte: La Voz de Galicia