Coca-Cola ofrece un millón de dólares a cambio de innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Coca-Cola lanzou o reto 'The sweetener challenge' a nivel mundial no que ofrece ata un millón de dólares (837.538 euros) aos científicos que descubran novos edulcorantes, de orixe natural e seguros para a alimentación, que permitan adozar bebidas e alimentos.

En concreto, a multinacional de bebidas refrescantes, que se marcou na súa folla de ruta reducir o uso de azucres, ten como obxectivo atraer a innovación ao ámbito dos edulcorantes, segundo informou nun comunicado.

Desta forma, a compañía lanzou dúas campañas na plataforma HeroX, que buscan apoiar o compromiso da multinacional coa innovación e coa renovación do seu catálogo de bebidas, mentres segue buscando ingredientes que satisfagan os novos gustos dos consumidores.

"Buscamos mellorar e renovar os nosos ingredientes, e somos conscientes de que as ideas máis incribles poden estar en calquera canto. Estes desafíos están ligados ao noso desexo de seguir elaborando bebidas que os nosos consumidores queiran beber e á nosa aposta por ir sempre máis alá para seguir creando ese sabor que lle gusta á xente, pero con menos ou sen azucre", explicou o xefe de innovación de Coca-Cola, Robert Long.

Coca-Cola anunciou este ano a súa estratexia para converterse nunha compañía total de bebidas modificando o seu modelo operativo e de crecemento para aliñalo cos novos hábitos de consumo e as preferencias da xente, para o que apostou por reformular as súas receitas, reducir o contido de azucre e apostar por novos produtos para ampliar o seu portafolio.

(Fonte: La Razón)