Coasa explica as claves do seu éxito no programa Desde Galicia para o Mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Coasa, con sede en Tecnópole, multiplicou por cinco o seu número de traballadores nunha década e pasou de facturar 3 millóns de euros en 2002 a 36 millóns en 2011. O programa de televisión Desde Galicia para o Mundo  estivo na súa factoría para coñecer as claves do seu éxito. Despois da súa emisión en televisión, o resultado xa se pode ver en internet.

Coasa fabrica ao ano unhas 35.000 pezas para tres avións: o AIRBUS 330 (unha nave de dobre corredor con capacidade para 300 pasaxeiros), o AIRBUS 320 e o EMBRAER ERJ 170/ 190. O seu proceso de traballo e todos os demais detalles poden verse pinchando aquí.
 
(Fonte: Tecnópole)