As claves da industria X.0

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A próxima Revolución Industrial está aquí. De feito, os avances tecnolóxicos están borrando as fronteiras entre os mundos dixital e físico e os sistemas intelixentes e interconectados agora soportan as actividades ao longo de toda a cadea de valor.

¿Que significa isto? Significa custos reducidos e eficiencias melloradas, maior velocidade, produtos e servizos máis intelixentes e evolucionar de orixinal a disruptor.

É a nova era da conexión onde os produtos intelixentes se comunican cos usuarios, os novos modelos de negocios dixitais aproveitan o Big Data para ofrecer servizos adicionais e produtos de servizo o onde os produtos na liña de ensamblaxe dinlle á maquinaria do taller como deben ser procesados.

O núcleo da chamada industria X.0 é unha serie de sistemas intelixentes conectados, que crean unha cadea de valor completamente dixital, a cuarta revolución industrial habilitada polo Internet Industrial de Cousas.

As tres tendencias clave que están modificando significativamente o modo de vida das empresas industriais e dos seus empregados hoxe en día no mundo, son as que dan as pautas de canto queda por aprender, innovar e sobre todo, adaptarse aos novos cambios.

Dixitalizar

Os procesos de produción en todos os sectores, desde a alta tecnoloxía ata a industria máis básica, están sendo transformados de forma dramática e acelerada polas tecnoloxías dixitais, que xa están presentes, pero crecerán a pasos axigantados no futuro.

Industrializar

As empresas líderes xa están integrando estas tecnoloxías para mellorar e desenvolver os piares da súa cadea de valor.

Optimizar

Os fabricantes innovadores recoñecen que as melloras que se poidan obter durante o proceso de fabricación de produtos, desde as máis simples ás máis complexas, presentan novas oportunidades de crecemento.

(Fonte: Agencias)