O CITI dótase dun centro de cálculo científico de altas prestacións e capacidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Os grupos de investigación que traballan en áreas como a bioinformática, a meteoroloxía, a física de partículas e outras, necesitan manexar un gran volume de datos ou realizar un gran número de operacións en cada experimento.

Só os equipos potentes e especializados permiten albergar tal cantidade de memoria que son custosos ou difíciles de conseguir, pois non é suficiente con servidores estándar. Non obstante, en Tecnópole xa hai unha solución intermedia para este tipo de investigadores. O CITI, ou Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, acaba de dotarse dun servidor de cálculo científico de altas prestacións.

Este servidor, xa instalado nun espazo habilitado especificamente para el na planta piloto do CITI, foi financiado con 278.239 euros na convocatoria de axudas para o ano 2013 para infraestruturas e equipamento científico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamentos, cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade con fondos Feder.

Segundo Antón Vila Sobrino, director do CITI, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, "o obxectivo do proxecto é poñer a disposición de grupos e empresas equipos de gran potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU,capaces de xestionar grandes volume de datos", destaca.
Engade que a creación nas últimas décadas de centros de cálculo ou procesado de datos, como o CESGA en Galicia, permitiron mellorar e axilizar o traballo de grupos de investigación especializados.

Explican que, neste contexto, o interese dos grupos de investigación por dispoñer dun centro de cálculo de prestacións como o instalado no CITI, estivo motivado por ese crecente número usuarios que necesitan acceder a estes servizos de supercomputación. Para atender esta demanda, o novo centro do CITI está dotado concretamente cun servidor de cálculo SIE Landon GPUs Rack; un servidor de arquivos SIE Ladon Haswell 72c, para o manexo de grandes arquivos en rack, e un servidor de virtualización e almacenamento en rack SIE Ladon IB E5- 4600 40 c.

(Fonte: Faro de Vigo)