Cinco cuestións básicas a evitar para innovar ben

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A innovación non significa necesariamente unha innovación tecnolóxica, senón que pode consistir tamén nunha nova forma de relacionarse cos clientes, de elaborar un produto ou de prestar un servizo. Pero non é posible innovar se non se establece un plan para realizalo correctamente e evitar os erros máis típicos das empresas.

Por outro lado, existe a idea de que a innovación é máis complicada nas pequenas empresas por falta de medios, pero o certo é que unha pequena empresa se adapta mellor e máis rápido á innovación porque ten unha estrutura máis sinxela e é capaz de facer cambios con maior celeridade.

Se te propós innovar na túa empresa, hai unha serie de cuestións que debes evitar para que a innovación sexa realmente efectiva, a continuación, propoñémosche 5 cuestións básicas a ter en conta:

Non involucrar a todas as áreas da empresa na innovación

En moitas ocasións as empresas que se propoñen innovar designan un equipo responsable da innovación dentro da empresa, pero esquece que a implantación da innovación debe ser algo que involucre todo o persoal da empresa xa que se trata de procesos amplos que poden afectar a moitas áreas.

Innovar só co obxectivo de superar a competencia

A innovación non debe considerarse como algo puntual que utilizar para superar á competencia nun momento en que esta creou un produto ou un servizo innovador, por exemplo, senón que debe ser algo innato en cada empresario, en cada empresa, de forma que continuamente se estean a xerar ideas novas que poidan sorprender, moitas non se levarán a cabo, algunhas fracasarán, pero o importante é non perder nunca o espírito innovador.

Non potenciar as habilidades dos empregados na innovación

Os nosos empregados poden ter habilidades que descoñecemos e que pode favorecer a innovación, polo que debemos coñecer cada empregado e cales son as súas mellores habilidades de cara á innovación para potencialas no momento oportuno.

Deixar de lado os clientes

Nunca debemos esquecer os nosos clientes, o que necesitan e o que demandan. Nun proceso de innovación debemos pensar tamén en que necesidades poderán ter os nosos clientes nun futuro para tratar de atopar unha solución nova e creativa.

Ter expectativas pouco realistas

A innovación é un proceso lento, que require un tempo para adaptarse e que non produce resultados inmediatos senón a longo prazo. Por ese motivo non podemos esperar beneficios rápidos á hora de implantar un proceso innovador, senón que deberemos estar preparados para todas as posibilidades: o fracaso, o erro, o éxito a longo prazo etc. Desta forma adaptarémonos mellor a calquera eventualidade futura e asumiremos de forma axeitada os riscos que supón innovar.

(Fonte: Innovaticias)