Ciencia e tecnoloxía para nenos con mentes inquedas no campamento Navidad STEAM

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O deste ano é un Nadal diferente, marcado pola situación sanitaria que nos deixa o coronavirus. Por esta razón, Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia puxeron en marcha unha iniciativa de formación virtual para estas datas, que permite aos máis novos, que están nas súas vacacións escolares, achegarse á ciencia e a tecnoloxía dun modo diferente e divertido, a través dun campamento de Nadal.

Trátase de Navidad STEAM, unha alternativa ás propostas tradicionais de formación, aproveitando as vantaxes de Internet para manter o espírito da formación presencial nestes tempos. Este campus virtual conta coa ciencia e a tecnoloxía como grandes protagonistas. Nel, a través do xogo e a indagación, os mozos poden ir desenvolvendo os seus intereses e dando renda solta ás súas vocacións.

Diríxese a alumnos de entre 8 e 16 anos. E a metodoloxía deste campamento Navidad STEAM baséase na gamificación, un concepto que vén de game, xogo en inglés, o que dá unha idea da intención desta proposta. Xogar, experimentar e aprender a través da propia experiencia son as claves do curso.

Un kit práctico

Os participantes reciben na súa casa un kit de materiais con todo o necesario para poder levar a cabo todas as actividades que realice o profesor. Leds, reactivos para cociña molecular, micropipetas, microscopio, DIY de cartón (Foldscope), decorado e elementos de cartolina para realizar Stop Motion, licenza válida durante tres meses de Minecraft Educational Edition…

Outro dos elementos innovadores de Navidad STEAM é que os encargados de impartir esta formación, máis que profesores no sentido tradicional, son guías, mentores, profesionais cunha ampla traxectoria nos aspectos máis punteiros da tecnoloxía e a ciencia. Exporán casos prácticos baseados nas súas propias experiencias e nas necesidades do mercado laboral actual.

Fonte: Tecnópole