Ciencia e Innovación destina 7 millóns de euros para potenciar a transferencia de coñecemento

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu sete millóns de euros en subvencións a 35 proxectos innovadores dentro da convocatoria de apoio á transferencia en centros de investigación (INNCIDE), o que supón un 30% máis de propostas aprobadas respecto a 2010. A axuda media por proxecto foi de 200.000 euros.
 
INNCIDE ten como obxectivo favorecer a transferencia de coñecemento mediante o fortalecemento e consolidación das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI). Deste modo, potencia a valorización, protección e explotación comercial dos resultados da I+D+i realizada nos centros de investigación, fomenta as actividades de investigación cooperativa con empresas e contribúe á consolidación e profesionalización dos recursos humanos dedicados a actividades de transferencia de coñecemento.
 
As OTRI son unidades de universidades, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación (OPIs), entidades sanitarias e outros centros de investigación que fomentan e facilitan a valorización do coñecemento xerado e a cooperación en actividades de I+D+i con empresas e outras institucións.
 
As entidades beneficiarias son centros tecnolóxicos (15), universidades (8), entidades sanitarias (5), administración pública (4), OPIs (2) e fundacións universidade-empresa (1).
 
As comunidades con maior número de entidades beneficiarias son Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana e Murcia. En canto a axuda recibida, destacan Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana e Murcia.
 
INNCIDE subvenciona os Plans Estratéxicos de Transferencia das OTRIs, os cales detallan, para un período de catro anos, os obxectivos de transferencia da entidade, as estratexias e actividades a implementar, entre outros puntos. Por iso, cada solicitude debe presentar unha serie de indicadores que as OTRIs prevén alcanzar ao longo da duración do proxecto no marco da Transferencia de Coñecemento. Neste sentido, na convocatoria de 2011 destaca o número de contratos de licenza que prevén asinar as entidades beneficiarias - 480 - así como o importe das regalías (royaltys) obtidas -17,3 millóns de euros-, que duplica o valor da pasada convocatoria.
 
(Fonte: Ministerio de Ciencia e Innovación)