O Chuvi, nun estudo mundial para achar lesións de Covid con intelixencia artificial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Pola súa maior axilidade e dispoñibilidade, ata o momento, a proba de imaxe máis recomendada polas sociedades científicas para contribuír ao diagnóstico da infección Covid-19 é a radiografía simple de tórax. Pero hai pacientes nos que non resulta suficiente ou otros nos que xorden complicacións e cos que resulta útil realizar un escáner -tomografía computerizada ou TC-. O Servizo de Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) participa nun estudo internacional para detectar de forma automática as lesións producidas polo novo coronavirus, o SARS-CoV-2, a gravidade das mesmas ou o prognóstico do enfermo, grazas á aplicación da intelixencia artificial nesta proba.

A doutora Milagros Otero García, xefa de sección de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria no Chuvi, presidenta da Sociedade Europea de Urorradioloxía e saínte da Sociedade Española de Diagnóstico por imaxe do abdome, é tamén a profesional referente desta investigación en España.  Entre outras cuestións, encargouse de recrutar centros nacionais. É o país con maior participación neste proxecto, que aglutina a unha vintena de hospitais de Holanda, Bélxica, Escocia, Alemaña, Italia, Inglaterra, Omán e Irán, ademais de España. Deste último, figuran o Chuvi; o Rei Juan Carlos e a Fundación Jiménez Díaz, de Madrid; a Clínica Universitaria de Navarra; e o Hospital Universitario Central de Asturias.

Para conseguir esa detección automática e cuantificación das lesións provocadas pola Covid-19 cun TC de tórax hai que buscar un algoritmo de intelixencia artificial. É no que están a traballar e para o que analizaron a máis dun milleiro de pacientes entre todos os centros colaboradores. No complexo vigués achegaron algo máis de corenta.

Xa se desenvolveu a primeira fase do estudo e acaban de obter os resultados preliminares. Agora inician unha segunda etapa. A doutora García Otero explica que a detección automática das lesións producidas polo novo coronavirus é importante porque é unha infección que afecta a persoas maiores, que adoitan ter outras patoloxías pulmonares crónicas, como a enfermidade pulmonar obstructiva crónica ou fibrose, das que as distinguiría. Ademais, hai pacientes con alta sospeita de Covid-19 e unha placa normal de tórax na que non se detectan anomalías nas que un TAC pode axudar ao diagnóstico. Tamén para detectar complicacións como o tromboembolismo pulmonar, que afecta a entre un 15 e un 30% dos infectados hospitalizados.

Fonte: Faro de Vigo