Chega o coche imprimible

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Non rematamos de adaptarnos de todo ao coche eléctrico, cando van aparecendo no mercado máis modelos innovadores dentro do mundo do motor. Será mellor que nos afagamos a ver circular polas nosas estradas coches con estrañas prestacións e formas.

¿O último en apuntarse na lista? Un coche impreso en 3D. Urbee 2 é un coche deseñado pola empresa Kor Ecologic, que aposta por deseños respectuosos co medio que funcionen con enerxías renovables e contaminen o menos posible durante os procesos de deseño e fabricación. Seguindo a filosofía da empresa, os seus creadores valéronse da técnica da impresión en 3D, que xa se usou en campos como a medicina e a arquitectura, para crear réplicas de obxectos non só cun obxectivo académico, senón tamén outras para a súa aplicación real, como as próteses.

Os enxeñeiros que crearon Urbee 2 queren que o coche circule polas rúas e puxérono a proba para superar todos as condicións de seguridade de calquera utilitario. O curioso é que a carrocería do vehículo está deseñada nunha soa peza e fabricada en plástico, aínda que o chasis e o motor son de aceiro.

Isto supón un importante aforro en custos humanos e de fabricación, xa que non se perde o tempo encaixando mil pezas como se dun quebracabezas se tratase. Este híbrido ten tres rodas e a súa forma recorda a dun ovo. Alcanza os 65 quilómetros por hora e está previsto que consuma moi pouco, o que faría del un vehículo ideal para aquelas persoas que se moven en coche pola cidade.

Para demostrar o aforro de combustible, en 2015 levarase a cabo un reto que anuncian xa na súa web: viaxar de Nova York a San Francisco con só 10 galóns de gasolina, o que veñen a ser uns 40 litros para percorrer uns 4670 quilómetros.

(Fonte: Público)