Chega o barco 100% eléctrico "made in Galicia"

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O enxeñeiro naval vigués José Manuel Ballester acaba de lanzar a Xouva 4,90, a primeira embarcación da empresa coa que espera revolucionar o turismo náutico: Xouva Boats. Trátase dun barco que non require titulación para ser navegado (debido ás súas dimensións), accesible a persoas con mobilidade reducida e unha autonomía de ata seis horas. "Ademais ten como valor engadido que non contamina e cuxo ruído é cero", asegura Ballester.

Construído nunha nave en Teis -onde tamén foi botado- por parte dos seus creadores e navegando xa polas Rías Baixas, trátase do primeiro proxecto deste enxeñeiro que aspira a facerse un oco no ecoturismo náutico. "Quería facer o meu primeiro barco e busquei algo diferenciador. Tras viaxar por Europa ocorréuseme e agora xa temos un prototipo", comenta.

O barco conta con 4,9 metros de eslora por 2,9 de manga e ten unha capacidade para sete pasaxeiros. Cun peso de tan só 520 quilos, dispón dunha velocidade de 4,8 nós (2 kW). "A formulación coa que nace é o de ser dedicado ao aluguer porque ao ser eléctrico o seu prezo é superior ao dun barco convencional, pero ten ese valor engadido", indica o vigués.

Amarrada agora en Sanxenxo, o prototipo da Xouva 4,90 será mostrado a potenciais clientes coa finalidade de chegar a realizar unha construción en serie.

(Fonte: Faro de Vigo)