Os centros tecnolóxicos galegos, tractores da innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Converter o coñecemento nun valor do mercado para que as industrias galegas sexan máis competitivas no panorama internacional. Ese é o obxectivo dos centros tecnolóxicos galegos, cuxo valor destacou a Xunta durante a celebración do I Encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional, organizado por Atiga. Como exemplo de centros tecnolóxicos exemplos de éxito figura o coche autónomo que desenvolve o CTAG, os avances en robótica colaborativa de Aimen, os drons nos que traballa o ITG ou a investigación de biogás de EnergyLab.

Para apoiar estas entidades, a administración económica ten comprometidas axudas que suman 130 millóns de euros dende 2009 a través de iniciativas como os contrato programas, as 23 Unidades Mixtas de Investigación, Conecta Peme ou o programa Principia. Para que o seu papel sexa o máis efectivo posible, é crucial a transversalidade, para que a innovación na que traballan estes centros poida chegar a todos os sectores e a todas as empresas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde defendeu un modelo de innovación aberta a todas as necesidades do tecido industrial e das empresas, a todos os axentes do ecosistema de I+D+i e a todos os mercados. Un dos exemplos que favorece a conexión entre os centros e os sectores son os Hubs de innovación dixital, un modelo que a Xunta está a asentar en Galicia.

(Fonte: La Voz de Galicia)