Centros españois de investigación alimentaria investigan as innovacións que marcarán as tendencias de consumo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
¿Comida barata, saudable, de produción sustentable, atractiva e pracenteira? ¿Que prefiren os nómades urbanos, a xeración dixital ou a nova terceira idade? ¿Impóñense os alimentos emocionais?

Produtores, cociñeiros, científicos, deseñadores, a industria... teñen que acertar cos desexos do público. Require olfacto, "anticiparse ao seu comportamento é clave", afirma Rogelio Pozo, director xeral de Azti-Tecnalia. E a iso dedicouse este centro vasco de investigación alimentaria, que, xunto a Bilbao Design Academy, elaborou o estudo 'EATendencias', que marca as innovacións con máis impacto no horizonte gastronómico ata 2020.

Ademais do traballo de laboratorio alimentario e de mercado, contaron coa experiencia dos Food Trend Trotters, "cazadores de tendencias alimentarias polo mundo". Empezaron en 2010 en Xapón e Estados Unidos. Con fotos e vídeos, as catas inclúen análise sensorial, especificacións técnicas, prezos... Trátase de "obter unha información estratéxica" para "impulsar máis o sector agroalimentario". "España debería ser unha referencia mundial. Despois do turismo, a alimentación é o que máis contribúe ao PIB", insiste Pozo. "España podería ser a gran despensa, de produtos e de ideas".

E  velaquí os resultados da tormenta de ideas en gastrotendencias: Food Telling ou alimentos con mensaxe, responde á demanda de información clara sobre identidade e autenticidade. SuperSense, ou experiencia multisensorial, busca xerar sensacións orixinais, pracenteiras e intensas; explórase unha nova xeración de produtos (E-motional Food System) cuxos compoñentes nutricionais estimulen a intelixencia emocional.Slowcal implica maior compromiso co ámbito, a sustentabilidade e o impacto económico e social. Here&Now, o aquí e agora, debe facilitar o estilo urbanita, que pide optimizar a xestión do tempo, desexa saúde e gratificación instantánea das necesidades (isto enlaza co concepto Eatertainment, experiencias gastronómicas divertidas e memorables). Faimo simple reflexa o 'consumo intelixente', a mellor opción en menos tempo e ferramentas que faciliten a elección. My health persegue unha alimentación adaptada aos requirimentos individuais de saúde e Ego-Food son os produtos personificados, de forma individual ou colectiva.

Surgenia (Centro Tecnolóxico Andaluz do Deseño), tamén fixo a súa achega para innovar en produtos básicos e posicionarse no mercado agroalimentario. Segundo o observatorio, perfílanse ''sete grupos de consumidores que mostran as correntes estéticas, sociolóxicas e culturais''. Á hora do deseño, pénsase en sofisticadores (queren ser distintos da masa), econcienciados, os me gusta coidarme, artesanosumer (defensores do feito na casa), simplificadores (queren produtos doados e útiles), alternoalimentarios (buscan experiencias enerxizantes, afrodisiacas ou á marxe da rutina) e economicoeficientes (expertos en probar e comparar calidade e accesibilidade de produtos).

O asunto do futurible gastronómico preocupa a todo o sector. Euro Toques, a organización de cociñeiros máis importante de Europa (máis de 3500 membros de 18 países) e presidida por Pedro Subijana, abordará as tendencias alimentarias na súa próxima asemblea bianual, que celebrará en Madrid en maio. Euro Toques avanza que "a utilización de alimentos de produción sustentable e a incorporación de ingredientes foráneos na dieta mediterránea será trending topic".

(Fonte: El País)