O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia investirá 2,6 millóns de euros en I+D+i

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, presidiu a reunión de final de ano do padroado da fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), onde se fixo balance da actividade realizada no segundo semestre de 2019 e se deron a coñecer as liñas de actuación do exercicio que acaba de comezar. Neste sentido, o conselleiro destacou os máis de 2,6 millóns de euros que este centro investirá en proxectos de I+D+i no 2020, seguindo o camiño da Galicia innovadora.

Así, cúmprese cos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia no eixe de empregabilidade e crecemento intelixente, que busca impulsar e consolidar as políticas de gasto vinculadas á investigación para integrar a Galicia no círculo virtuoso da innovación para o crecemento.

Este importe presupostario tradúcese nunha actividade relevante do CTC, que poderá desenvolver un elevado número de proxectos nos próximos 12 meses. En concreto, o Centro Tecnolóxico da Carne previu participar en, polo menos, 53 iniciativas de cooperación con empresas e outras entidades do sector agroalimentario.

Respecto aos ingresos, os fondos do CTC proveñen fundamentalmente do financiamento de proxectos de innovación autonómicos, nacionais e internacionais, sobre todo europeos. Pola súa banda, a achega da Consellería de Medio Rural no 2020 será de 400.000 euros. Estes ingresos permítenlle ao Centro levar a cabo proxectos de innovación propios no ámbito cárnico, ofrecer servizos ás entidades privadas, así como asesoramento e transferencia tecnolóxica ao sector e liñas de actuación en materia formativa.

(Fonte: Vacunodeelite.es)