O Centro Tecnolóxico da Carne cede ao CHUO un equipo para facer probas do coronavirus

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Para vencer ao coronavirus, son moitas as institucións e proxectos empresariais que están a arrimar o ombreiro. Un dos últimos acordos que permitirá mellorar os medios para loitar contra a pandemia pechouse entre a Consellería de Medio Rural e Sanidade. O Centro Tecnolóxico da Carne, situado na Tecnópole de Ourense, cederá un equipo para facer probas de detección do COVID-19.
 
A cesión deste material, segundo transcendeu, realizarase polo tempo que sexa necesario e pasará a usarse polo Servizo de Microbioloxía do CHUO. Esta medida súmase á colaboración que xa se estableceu entre Medio Rural e o Sergas para que o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), dependente de Medio Rural e con sede en Lugo, coopere co Lucus Augusti na realización dos tests diagnósticos para detectar o coronavirus.
 
Esta medida adoptouse despois de que se decretase o estado de alarma para a xestión desta crise sanitaria provocada polo COVID-19 e tendo en conta as necesidades expostas polo servizo de microbioloxía.
 
Fonte: La Voz de Galicia