O Centro de Ciberseguridade queima etapas para a súa apertura en 2025

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta de Galicia adxudicou por máis de 196.000 euros a redacción do proxecto do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que supón un investimento de 4,2 millóns de euros e cuxo contrato foi adxudicado á UTE Andrés Perea-Elena Suárez-Aguilera. Redactará o proxecto construtivo coa previsión de concluílo na vindeira primavera para iniciar, a continuación, a contratación e inicio das obras. A intención é polo en marcha a mediados de 2025.

O novo centro será froito da colaboración entre a Consellería de Facenda, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, impulsora deste proxecto, e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que acometerá as obras de edificación. Este proxecto financiarase con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e construirase na parcela 3E da Tecnópole, en San Cibrao das Viñas, que conta con algo máis de 3000 metros cadrados.

Espazos e aparcadoiro

O edificio, con máis de 2000 metros de superficie construída, albergará os espazos de monitorización e xestión de ciberseguridade, áreas de traballo e concienciación, zonas de uso externo e locais de emprendemento e de alugueiro para empresas privadas. Os traballos completaranse cunha área para o estacionamento, prevendo habilitar ao redor de 40 prazas de aparcadoiro.

Este centro converterase nun punto de encontro entre a innovación en ciberseguridade e as necesidades e retos da sociedade. Coa súa posta en marcha, a Comunidade dá “un paso importante no camiño dunha Galicia intelixente que aposta polo crecemento da economía galega baseado nas tecnoloxías, cara a unha  Galicia mellor”. Este ente traballará en colaboración coas deputacións provinciais, coas entidades locais, a través da Fegamp, coas universidades galegas e centros tecnolóxicos e de innovación e co tecido empresarial do sector. A Consellería de Facenda está xa traballando no deseño da nova Estratexia Galega de Ciberseguridade, de cara á adaptación ao novo Esquema Nacional de Seguridade.

Fonte: Faro de Vigo