A CE inicia un novo programa de empréstitos destinados a innovación en pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Comisión Europea (CE) e o Grupo Banco Europeo de Inversión (BEI) puxeron en funcionamento un novo mecanismo de garantías de empréstitos europeos para apoiar a innovación nas pequenas e medianas empresas (pemes).

"O Instrumento de Risco compartido (RSI, nas súas siglas en inglés) axudará ás pequenas firmas facéndose responsable de parte do risco dos empréstitos concedidos polos bancos", explicou a CE nun comunicado.

O Fondo Europeo de Investimentos (FEI) asinou o seu primeiro acordo deste tipo co banco austríaco UniCredit por un valor de 120 millóns de euros a dous anos vista.

Aínda que o austríaco UniCredit foi o primeiro banco en conseguir un acordo RSI, a CE espera que "10 bancos ou máis participen na fase piloto antes de final de ano con 1000 millóns para empréstitos".

Os empréstitos emitidos polos bancos intermediarios terán un valor de entre 25.000 euros e 7,5 millóns de euros e "deberán ser destinados ás pemes en investigación, desenvolvemento, innovación e a busca de financiamento para os investimentos e/ou capital de traballo", sinalou a CE.

A comisaria europea de Investigación, Innovación e Ciencia, Máire Geoghegan-Quinn, declarou no mesmo comunicado que o executivo comunitario "está comprometido a apoiar a innovación nas pemes. Estamos a propoñer unha maior facilidade para acceder ao crédito para o 2014 baixo o futuro programa de investigación e innovación da estratexia Horizonte 2020".

(Fonte: EFE)