Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Biotecnolóxicas e empresas de automoción lánzanse á innovación dixital

 

Os dous clústeres de empresas galegas dos sectores da biotecnoloxía e a automoción ofrecerán ás pemes solucións tecnolóxicas para avanzar na innovación dixital. 

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o das Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) acaban de presentar uns centros de operacións (hub, nó, literalmente, en inglés) para promover a modernización dixital dos sectores implicados. 

O clúster ofrece ata 60.000 euros de axuda para dixitalizar as empresas alimentarias

Promover a dixitalización da industria alimentaria galega é o obxectivo do proxecto europeo no que participa o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A iniciativa, bautizada como S3Food, está financiada polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea e conta cun presuposto total de máis de cinco millóns de euros. As industrias que participen poderán optar a axudas de ata 60.000 euros para implantar a industria 4.0 no sector alimentario. 

Nace InvestiGal, a Rede Galega pola Investigación, para dignificar a I+D+i

 

Catro anos terá que agardar para celebrar un aniversario a InvestiGal, a Rede Galega pola Investigación, que se fundou o pasado 29 de febreiro en Santiago tralo cónclave de medio centenar de persoas provenientes do sector investigador de toda Galicia.

O CSIC desenvolve unha técnica para calcular o impacto dos incendios sobre o solo

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CISC) avalía o potencial dunha técnica isotópica para determinar a intensidade dun incendio forestal no solo a través do establecemento do impacto causado sobre a composición isotópica da materia orgánica. 

O CSIC explica que os primeiros resultados, que se están dando a coñecer a través da súa publicación en revistas científicas, apuntan a que se podería estar ante unha “técnica viable” para avaliar a intensidade dun fogo forestal a través dos campos producidos na composición do solo. 

A empresa de Tecnópole Primux, pioneira na implantación do 5G

Primux, situada en Tecnópole, é unha empresa tecnolóxica centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. Vai introducir no noso país a nova tecnoloxía móbil 5G. 

Un programa deseña en 3D os aneurismas de aorta antes de tratalos en Vigo

Cirurxiáns vasculares dos hospitais galegos participaron nun curso organizado polo servizo desta especialidade do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, situado no Álvaro Cunqueiro. Catorce facultativos actualizaron os seus coñecementos nas ferramentas informáticas vinculadas á cirurxía, que permite afinar as medidas das endopróteses que se colocan nos casos de aneurisma de aorta abdominal, unha lesión que provoca un empenamento desta arteria que pode provocar que rompa, con resultados letais. 

A revolución da nanotecnoloxía na medicina e a enerxía xérase en Galicia

Dende Milladoiro (Ames), Nanogap lidera a nivel mundial a revolución da nanotecnoloxía, unha disciplina que está chamada a impulsar a creación de novos materiais cunha morea de aplicacións en campos como a medicina, a produción de enerxía, a electrónica ou os biomateriais. Todo, aproveitando o potencial das partículas nanométricas -unha millonésima parte do milímetro- e mesmo máis pequenas.

Drons antivelutinas

A innovación ao servizo da sociedade. Unha empresa de drons galega, Aerocámaras, acaba de ser galardoada pola Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) como unha das firmas tecnolóxicas emerxentes máis punteiras. O seu proxecto para exterminar a avespa asiática mediante o uso de drons, secundado pola Xunta, foi elixido entre máis de 150 candidaturas e sitúase no alto do podio polo seu potencial e eficacia. 

Avance clave no achado de novos fármacos para evitar os temidos trombos

Un novidoso estudo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) suporá un antes e un despois na identificación de fármacos antitrombóticos, que reducen o risco de sufrir un ataque cardíaco, un accidente cerebrovascular e unha obstrución das arterias e veas, xa que evitan que se formen coágulos de sangue ou que estes aumenten de tamaño. 

Lácteos sen leite, un invento do CSIC que chega agora ao mercado

A hidrólise do ovo, unha técnica ideada por científicos españois que permite fabricar alimentos sans e moi proteicos pero sen graxas nin azucres, chega agora ao mercado da man da empresa familiar galega Granja Campomayor. 

Saúde, como bautizan a este novo alimento segundo informa Efe, xurdiu nos laboratorios do Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación do CSIC, da man das investigadoras Marta Miguel e Marta Garcés. 

A Xunta convoca axudas por 2,7 millóns de euros para realizar melloras de innovación en pemes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria das axudas Innova Peme 2020, no marco da que se destinarán 2,7 millóns de euros a apoiar a sistematización, a potenciación e o desenvolvemento da actividade innovadora de pequenas e medianas empresas (pemes). 

Así o trasladou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante unha visita en Vigo á empresa de asistencia a persoas maiores en residencias O Lecer Sénior Care, beneficiaria da convocatoria de 2019, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

5G: soportará o 10% das conexións móbil

En 2023, as redes 5 G soportarán máis do 10% de todas as conexións móbiles a escala global. A velocidade media de 5 G será de 575 megabits por segundo, 13 veces maior que a conexión móbil media, segundo informe Cisco Annual Internet Report, que analiza a evolución das redes móbiles, WiFi e de banda ancha fixa. En España, as redes de quinta xeración soportarán máis do 15% de todas as conexións móbiles no exercicio 2023.

Páxinas