CDTI e a Axencia Galega de Innovación presentarán as novidades da convocatoria FEDER-INNTERCONECTA 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A sede da Axencia Galega de Innovación (GAIN), en Santiago de Compostela, acollerá o próximo 20 de maio a xornada de presentación do programa FEDER-INNTERCONECTA 2015, posta en marcha polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), coa finalidade de fomentar a cooperación interrexional en investigación e desenvolvemento.

Esta sesión, organizada por CDTI e GAIN, está dirixida a todos os axentes do sistema galego de innovación interesados en participar na convocatoria, especialmente ás empresas, que son as posibles solicitantes das axudas. Durante a xornada, que terá un carácter eminentemente práctico, representantes de ambas as dúas entidades informarán das principais novidades deste programa, así como das diferentes posibilidades de financiamento público á I+D+i.

Dotado con 110 millóns de euros, o programa subvencionará proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración, cun presuposto financiable de entre 1 e 4 millóns de euros, con carácter plurianual, que se execute nunha das comunidades autónomas destinataria de fondos FEDER (Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Castela-A Mancha, Estremadura, Murcia, Ceuta e Melilla).

Para participar na xornada, debe inscribirse aquí.

(Fonte: Innovamás)