Catro millóns de euros en busca de ideas innovadoras en saúde

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

No marco do programa Wild Card, o consorcio EIT Health anunciou un financiamento de 4 millóns de euros para iniciativas disruptivas que permitan transformar a asistencia sanitaria europea e paliar o impacto social e económico que ocasiona o envellecemento progresivo da poboación.

A convocatoria está aberta a emprendedores, investigadores e expertos de calquera país da UE. Os candidatos seleccionados participarán nun torneo o próximo mes de abril para elixir os dous Wild Card Projects gañadores, que recibirán apoio empresarial durante 24 meses e 2 millóns de euros de financiamento cada un.

A Universidade de Barcelona (UB) -socio principal e un dos promotores de EIT Health Spain- é unha das 14 institucións europeas que ofrecerán servizos de asesoramento e incubación aos dous equipos gañadores para transformar as súas ideas nun plan de negocio, a través do Barcelona Instituto de Emprendimiento (BIE), a Fundación Bosch i Gimpera (FBG) e o Parc Científic de Barcelona do Grupo UB.

As solicitudes para participar na actual edición débense presentar a través da web wildcard.eithealth.eu. O prazo de inscrición finaliza o próximo 9 de marzo.

(Fonte: Asebio)