Catro de cada dez compras faranse en 2013 a través de tablets e smartphones

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Segundo un informe da empresa Vente Privee, as compras a través de tablets e smartphones disparouse, especialmente en época de verán. O ritmo de adaptación a estas novas plataformas mesmo os leva a prognosticar que, a finais de 2013, catro de cada dez compras realizaranse a través destes dispositivos.

Os españois parecen estar xa abertos a realizar compras a través da rede. Segundo un informe de Webloyalty, gastamos de media uns 185 euros ao ano en compras online, por diante de países como Francia ou Reino Unido. E a pesar do que se pode pensar nun principio, os mozos non son os únicos que se animan a aproveitar os 'descontos' que se atopan pola rede. A idade media dos clientes móbiles en España é de 37, aínda que son os menores de 35 anos son os máis 'compulsivos'.

As mulleres, dúas de cada tres compradoras a través de móbil, decántanse pola moda, tanto propia como roupa infantil, mentres que os homes prefiren adquirir os seus produtos tecnolóxicos e de xardinaría por Internet. Iso si, fronte aos prexuízos, os homes gastan de media un 10% máis que as mulleres, aínda que elas consomen con máis frecuencia.

As datas tamén inflúen no dispositivo utilizado, no verán téndese a deixar atrás os computadores e depender máis dos dispositivos móbiles.

(Fonte: ABC)