Catorce proxectos na terceira edición da aceleradora BFFood

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia neste ámbito industrial, ten en marcha a súa terceira edición, para a que se seleccionaron un total de 14 proxectos. En concreto, seis acceden ao programa de consolidación e oito ao de aceleración.

Todos os participantes recibirán apoio integral e especializado, durante nove meses no caso da aceleración e 12 no de consolidación, con acceso a mentorización, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios para impulsar a súa idea innovadora e facer fronte aos retos do sector.

Ademais, cada startup terá a oportunidade de recibir apoio económico a través dun préstamo participativo por parte da Xunta, que podería levar unha opción de capitalización de até un máximo de 250.000 euros no programa de consolidación. No de aceleración poderase acceder ao financiamento a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), cunha colaboración de 25.000 euros, e de XesGalicia, a través dun préstamo que podería ofrecer tamén a opción de capitalización de até 50.000 euros.

Esta terceira edición recibiu 62 candidaturas tanto a nivel nacional como internacional e conta co apoio de 20 empresas líderes do sector alimentario galego, que buscan solucións innovadoras para apoialas na súa chegada ao mercado, xerando oportunidades de negocio para ambas. Estas 20 empresas son Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Ceamsa, Clavo Food Factory, Congalsa, Clun, Corporación Laber, DS Smith, Gadis, Galacteum, Grupo Pereira, Kiwi Atlántico, Capsa Food (Larsa), Lence (Grupo Leite Río), Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez, Vegalsa Eroski e Viña Costeira. Serán ademais as encargadas do proceso de mentorización dos proxectos seleccionados en BFFood.

Entre os proxectos elixidos na fase de aceleración está KaldoS, unha idea desenvolta en Lugo que traballa no aproveitamento do soro de queixería para obter bebidas dirixidas á canle Horeca mediante distintos procesos de fermentación (alcohólica, láctica, carbónica ou acética). Achega unha solución ao reto da sustentabilidade e de packaging.

Na fase de consolidación, entre outros, está a compostelá Kiwanda Food, que ofrece unha solución ao control de stock para empresas hortofrutícolas, así como á mellora da trazabilidade mediante a tecnoloxía de radiofrecuencia (RFID). Pola súa parte, o proxecto coruñés Ethical Farm Box achega un sistema modular de colectores marítimos para a produción automatizada de forraxe verde hidropónica.

Fonte: El Ideal Gallego