A catalá Bioo, gaña o premio ao proxecto máis innovador en #SouthSummit16

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O novo podio de finalistas da quinta edición de South Summit xa ten os seus premiados e Spotahome foi elixido Grande Gañador do evento, mentres que Bioo foi designado o proxecto máis innovador, TheMotion o máis escalable e, finalmente, Orphidia foi elixida como a startup con mellor equipo.

As gañadoras déronse a coñecer durante a cerimonia de clausura da quinta edición dun encontro que xa se consolidou como líder sobre emprendemento e innovación do Sur de Europa. Entre os beneficios de ser unha das startups gañadoras están o acceso a financiamento e acordos estratéxicos, unha maior visibilidade ou o apoio para a súa internacionalización.

A fundadora de Spain Startup-South Summit, María Benjumea, destacou a calidade e capacidade de innovación demostrada por todas e cada unha das startups participantes e agradeceu o traballo dos speakers, socios, investidores e voluntarios que participaron nesta nova edición de South Summit porque sen eles, segundo dixo, "nada disto sería posible".

Así mesmo, a fundadora de South Summit felicitou as outras dez startups que entre o mércores e o xoves foron distinguidas como gañadoras nas súas respectivas categorías: a catalá Bioo en Industry & Energy; a francesa Phenix en Food; a asturiana Cuicui Studios en EdTech; a chilena BePretty en Fashion; a estadounidense Orphidia en Health & Wellness; a mallorquina TravelCompositor en Travel, e as madrileñas Aplazame (Fintech), TheMotion (Media & Entertainment, Geoblink (B2B) e Spotahome (B2C).

O proxecto máis innovador entre 100 proxectos finalistas

Entre os 100 proxectos finalistas desta edición, elixidos entre os máis de 3000 presentados á Startup Competition, Spotahome, startup madrileña dedicada ao aluguer de residencias para aloxamento de medio e longo prazo alzouse como Grande Gañador de #SouthSummit16. O seu valor diferencial consiste en enviar persoas locais a cada propiedade para facer unha visita virtual con vídeos de alta definición, fotografías e planos, para crear listas máis completas e precisas. O ministro de Educación, Cultura e Deporte en funcións, Íñigo Méndez de Vigo, foi o encargado de entregar o galardón e destacou: "Escribiu Cervantes que na vida se pode elixir entre ser camiño ou pousada. A pousada acóllete pero estás quieto. As startups son o camiño".

Pola súa banda, Bioo, startup catalá que desenvolve e comercializa paneis únicos que xeran electricidade a partir da fotosíntese das plantas dun xeito competitivo e sustentable, foi distinguido como o proxecto máis innovador, premio que foi entregado por Esperanza Ibáñez, Manager Public Policy and Gov ' t relations de Google.

A madrileña TheMotion foi premiado como o proxecto máis escalable, pola súa iniciativa para abaratar o custo de produción de vídeos ao coller contido existente estático e crear vídeos en cuestión de segundos: un proceso expansible a un millón de vídeos de forma automática e sen fricción. O galardón foi entregado por Luz Usamentiaga, directora de Relacións Institucionais de Orange.

Finalmente, Blanca Montero, subdirectora xeral e directora territorial centro de Grupo Banco Sabadell, entregou o galardón ao proxecto co mellor equipo, que recaeu na startup estadounidense Orphidia, un dispositivo portátil totalmente automatizado para facer todas as análises de sangue comúns xunto cos niveis de lípidos, electrólitos, hormonas e vitaminas, en tan só 20 minutos. O seu obxectivo: realizar análises de sangue máis doadas, rápidas, cómodas, accesibles e baratas.

Ademais entregáronse outros dous premios máis. A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, foi a encargada de entregar o Premio Hackathon, que recaeu nun grupo dun grao de FP dedicado a Informática do madrileño IES Villaverde polo seu proxecto para un quinto colector de reciclaxe de material orgánico en compostaxe para hortos urbanos. Na súa intervención, Carmena destacou que "a imaxinación é o elemento imparable que permite concibir o futuro e crear un mundo mellor. Da imaxinación créanse ideas, xorden ideas e encontros como este son modelos perfectos de colaboración".

E, por último, Juan Garrigosa, director de Innovación de Endesa, entregou o premio The Next Big Thing á nova promesa emprendedora. Promovido pola Fundación Créate xunto con South Summit, o galardón recaeu no centro educativo Trinity College - Liceo Montañés de Boadilla del Monte (Madrid) polo seu proxecto Freecheapmaterial. Liderado pola alumna Paula Montesinos, trátase dunha páxina web coa que se pretende abaratar o custo do material escolar e así facilitar o acceso a todas as persoas, teñan ou non recursos.

(Fonte: Agencias)