¿Canto facturan as TIC en España?

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O sector das TIC factura en España máis de 104.000 millóns de euros, case o 10% do Producto Interior Bruto do país segundo datos do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI) mentres que a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC) rexistrou que son 17.725 millóns de euros.

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) facturan en España máis de 104.000 millóns de euros que representan case o 10% do PIB do país segundo declarou o secretario de Estado de Telecomunicacións Víctor Calvo-Sotelo con motivo da presentación do informe anual A Sociedade en Red 2011 elaborado polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI).

En cambio, a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC) elaborou outro informe no que reflicte que son 17.725 millóns de euros a súa facturación en 2011.

O informe presentado polo ONTSI recompila datos obtidos en 2011 e algúns de 2010 a partir de indicadores nacionais e internacionais que permiten coñecer a evolución e prognosticar novas tendencias na sociedade española e a nivel mundial. Así, o sector TIC e dos Contidos en España alcanzou unha cifra de negocio superior aos 104.000 millóns de euros, un 2,8% menos que no ano anterior, é dicir, as Tecnoloxías da Información e os Contidos facturaron máis de 64.000 millóns de euros e as Telecomunicacións superaron os 39.000 millóns.

En total, o mercado mundial TIC move máis de 3 billóns de euros, principalmente repartidos en Norteamérica (30%), Europa (27-28%) e Asia-Pacífico (27-28%). O maior crecemento durante o pasado ano recaeu en África/Oriente Medio (9,9%), América Latina (8%).

Cifras globais

Actualmente, no mundo existen 1142 millóns de liñas de teléfono fixas (16,5 liñas cada 100 habitantes) e 5788 millóns de liñas móbiles (83,7 liñas cada 100 habitantes).

Entre os datos destacados na quinta edición deste informe engádese ademais que o número de persoas que se conecta a Internet a nivel internacional creceu un 18,2% respecto a 2010, alcanzando o 34,7% da poboación: 2399 millóns de internautas no mundo.

En Europa, o 68% dos cidadáns da Unión Europea conéctase a Internet de forma regular, o 43% dos individuos compra pola Rede e o 41% contacta coa administración electrónica son algúns datos reflectidos con detalle no estudo.

Finalmente, respecto aos principais usos na Unión Europea, o 56% utiliza Internet para buscar información sobre bens e servizos, o 40% utilízao para ler diarios e revistas online mentres que o 38% emprégao para informarse en materia de saúde.

(Fonte: media-tics)