Cando os móbiles deixaron de servir para falar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Corren novos tempos. A irrupción da telefonía móbil supuxo unha revolución sen precedentes: podíanse efectuar chamadas desde calquera lugar, e o que é máis importante, estábase permanentemente localizado. Acabáronse os recados na casa ou a oficina. Estabamos máis cerca os uns dos outros e ao sumo,  permitiámonos o luxo de comezar pouco a pouco a enviar SMS.

Porén ese debuxo da situación da telefonía móbil nos seus albores é un escuro borrón do que apenas quedan similitudes. Actualmente todo o mundo ten móbil e cada vez máis usuarios optan por un smartphone cun plan de datos asociado. E vivimos moito máis ás présas. O que antes daba para unha conversación de 5 minutos agora solucionámolo cunha mensaxe de texto ou un WhatsApp. O asunto non é menor e soubemos a través dun estudo que a día de hoxe, a maioría dos británicos prefire enviar unha mensaxe de texto a realizar unha chamada de teléfono.

E non parece que se trate dunha peculiaridade local, senón que máis ben se trata dunha tendencia imparable que está afectando en maior ou menor medida a todos os mercados. Os datos do estudo non deixan lugar ás interpretacións: un 58% dos británicos envía mensaxes de texto a diario fronte a un 47% dos que optan por efectuar chamadas. ¿Cal é a causa que está motivando este cambio na forma de comunicarnos?

Máis datos e menos voz

O estudo deixa patente que en gran medida se debe á imparable irrupción dos smartphones. Naquel país, case un 30% dos adultos dispón dun fronte a un 47% dos adolescentes, máis innovadores neste terreo. E non obstante, esas cifras quedan pequenas se as comparamos cos datos do noso país, que é o segundo do mundo con maior penetración de smartphones.

Máis consumo de datos e menos voz, os pequenos teléfonos intelixentes están condicionando cada vez máis o noso día a día. E xa non se respecta nin a televisión: outro estudo, este levado a cabo en Estados Unidos, pon de manifesto que máis da metade dos televidentes usan o smartphone mentres ven a televisión. Un dato que sen dúbida non pasará desapercibido para os anunciantes que están vendo como pouco a pouco a atención da súa audiencia se vai desviando cara estes pequenos dispositivos.

Pero isto non fixo máis que empezar e o segmento dos smartphones irá gañando cada vez máis terreo, contando con cada vez máis funcións e pantallas de maior tamaño que as posibilitan. Neste sentido, Mashable teno claro e vaticina que antes de fin de ano podería darse a circunstancia de existir máis smartphones no mercado que seres humanos no planeta.

(Fonte: El Confidencial)