O campus de Vigo converterase na segunda Universidade española en impartir formación especializada en 5G

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O campus de Vigo converterase na segunda Universidade española en impartir formación especializada en 5G, a tecnoloxía de grande ancho de banda que permitirá que Internet responda en tempo real.

Co 5G será posible facer funcionar o coche autónomo ou a chamada Internet das Cousas (a comunicación entre electrodomésticos). Algunhas empresas privadas de Vigo, tres operadoras, así como centros de innovación con AtlanTTic ou Gradiant xa teñen proxectos en marcha para desenvolver casos de uso ou servizos con 5G.

Só a Universidade Politécnica de Madrid imparte un título propio de especialista en 5G. Agora seguiralle a institución viguesa, única de Galicia e segunda de España que o implantará a partir de setembro.

O título terá unha duración de 200 horas, dividido en módulos e orientada a titulados nesta rama ou profesionais que leven tres anos no sector. O título propio denominarase como especialista en Tecnoloxías Celulares de Quinta Xeración (5G) e ofertará 20 prazas na súa primeira edición, ampliables nos seguintes anos. Os docentes serán expertos de Vigo e especialistas internacionais en 5G.

O campus de Vigo adheriuse ao Nodo de Cooperación 5G, vinculado ao Plan Galicia 5G da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e aos operadores Telefónica, Vodafone e Orange-R. A Escola de Telecomunicacións e outras prevén entrar a traballar nesta iniciativa pioneira, segundo o reitor Manuel Reigosa.

(Fonte: La Voz de Galicia)