As Cámaras destinan 40 millóns de euros a fomentar a innovación das pemes españolas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As pemes españolas cada vez invisten menos en innovación, só no último ano, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o investimento en I+D sobre o PIB en España caeu no último ano do 1,39% ao 1,33%. Conscientes desta realidade, dende 2007, a través do Programa InnoCámaras, as Cámaras de Comercio dedican 40 millóns de euros para impulsar a adopción nas pemes de metodoloxías que permitan incorporar a innovación de modo sistemático á súa actividade habitual.

Nestes momentos, sinalou Mar Díaz, coordinadora do Programa InnoCámaras "o acceso ás pemes a créditos é moi difícil e a demanda interna débil. As empresas deben mirar ao exterior para sobrevivir, accedendo a mercados nos que o único xeito de competir é ofrecendo produtos e servizos que acheguen un valor engadido diferenciador. E isto conséguese principalmente a través da innovación, entendida como calquera cambio que, baseado no coñecemento e solución dun problema, xera valor".

Ata a data, máis de 4500 empresas recibiron un Diagnóstico personalizado de Innovación, asesorados por un Titor cameral, quen os orientou sobre como mellorar a súa situación competitiva mediante a implantación de proxectos de innovación.

A segunda fase do Programa InnoCámaras (o apoio directo ao investimento en innovación, contando coa colaboración dun asesor especializado en Innovación) desenvolveu plans individualizados de apoio á innovación en case 2000 empresas. Adicionalmente, máis de 6000 empresas participaron nos 30 Foros de Innovación celebrados ao longo de todo o territorio nacional.

No marco do programa, homologouse a un total de 250 entidades expertas en Innovación que achegan coñecemento, criterio e asesoramento ás pequenas e medianas empresas participantes no proxecto.

Convén destacar que o 65% das empresas participantes en InnoCámaras contan con menos de 50 traballadores e que o 60% ten un volume de facturación inferior aos 500.000 euros. Isto propiciou que se poñan en marcha novas accións dirixidas á cooperación empresarial, de modo que as pequenas empresas poidan unir as súas forzas con potenciais socios estratéxicos de cara a poñer en marcha proxectos de innovación de maior calado.

Do mesmo xeito, iniciáronse diferentes iniciativas que melloran o Programa, adaptándose ás necesidades das empresas a través dunha metodoloxía que posibilita varias vías de actuación (por exemplo, a modalidade InnoCooperación ou EcoInnoCámaras que apoia as pemes con necesidade de innovar en proxectos de desenvolvemento sustentable).

Non obstante, o Programa InnoCámaras e por extensión, as Cámaras de Comercio participantes, continúan insistindo entre as pemes en que a innovación non está limitada ás grandes empresas, senón que o desenvolvemento de proxectos de innovación concretos é un elemento clave para manter unha posición competitiva no mercado.

Programa InnoCámaras

O Programa InnoCámaras, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as Cámaras de Comercio e as Administracións Públicas, busca contribuír á mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas, mediante a adopción dunha cultura a favor da innovación permanente para lograr un crecemento económico sostido.

Os obxectivos específicos son os de sensibilizar, propiciar e titorizar o cambio de actitude das peme, apoiándoas para superar as barreiras de entrada á innovación, á vez que reforzar a oferta de servizos á medida das necesidades das empresas no campo da innovación, apoiar o desenvolvemento de solucións innovadoras e a creación e formación dunha masa crítica de especialistas locais, contribuíndo, á súa vez, ao desenvolvemento do sector de consultoría e de servizos avanzados.

(Fonte: InnoCámaras)